VOLTA AO COLE POLO 50 ANIVERSARIO

O 6 de maio, vivimos no Ricardo Tobío unha xornada moi especial. Enmarcado dentro das actividades polo 50 aniversario do cole, tivemos a visita dalgúns dos profes que pasaron por el, a maioría deles agora xa xubilados. Vaia por diante que, como dí o dito “ainda que son todos os que están non están todos os que son”…sería imposible telos a todos con nós, pero dende aquí un agradecemento a todos e todas os que nalgún momento adicaron os seus esforzos para levar adiante ás xeracións de nenos e nenas que por aquí pasaron e…non ensinarlles só contidos senon tamén, e quizáis o máis importante, valores e actitudes ante a vida.

Como dicía, foi un día moi emotivo. Viñeron a recordar outras épocas do cole con nós: Amado, María, Lourdes, Mei, Mari Loli, Isabel, Carmen e Daniel Pino. Primeiro recibímolos todos xuntos no salón de actos, que tiña sido a primeira aula do profe Pino cando chegara ao cole, alá polo ano 83. No seguinte enlace podedes ver o intre da súa entrada no salón de actos con todo o colexio aplaudíndolles.

https://drive.google.com/file/d/1Zz3j7dF5cVgBbbIow-ulpTiSDbwPg7qd/view?usp=sharing

Logo a coordinadora de Biblioteca e a nosa directora, Silvia, tiveron unhas palabriñas. Seguidamente vimos unha presentación de fotos que Raquel, integrante do equipo de biblioteca, montou, poñendo un fermoso fondo musical creado polo noso profe de música, Gonzalo. Podedes velo no seguinte enlace.

https://drive.google.com/file/d/1eNMqxrp8Tugw1ARyGZwhaAL16V3INZqi/view?usp=drivesdk

Logo cada profe foi a unha aula do cole para falar máis polo miúdo sobre o que foi para eles profesional e personalmente o seu paso polo cole. Aí van unhas fotiños.

Daniel Pino co alumnado de primeiro diante dun bidueiro plantado por el coa axuda do alumnado e outros profesores, que fixeron posible que disfrutemos hoxe das árbores que temos polo patio adiante.

Tras este encontro cercano co alumnado tocaba recordar tempos co profesorado arredor dunha mesa.

Trala comida chegou Sonia, a nai de Laia de 1º, que está a facer unha labor de recopilación das vivencias de pais e avós do cole a través dun video documental. Nesta ocasión tocáballes aos profes aportar a súa visión, gravando en diferentes partes do cole.

Aparte dos que se ven na foto tamén estivo con nós para recordar outros tempos o profe Taxes. E por se todo esto fora pouco…. A guinda ao pastel deste día foi a presenza do querido e inesquecible conserxe Quino, que estivo no cole dende antes de abrirse o cole, alá polo 1973, ata a súa xubilación. Estivo contándonos anécdotas sentado nun banco do patio do seu querido colexio.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS OS QUE FACEDES POSIBLE ESTAS ACTIVIDADES, QUE DE SEGURO SERÁN RECORDADAS CON AGARIMO. ÁNIMO E A POR OUTROS 50!

Club de lectura

No noso club de lectura chamado “Voando coa lectura” no 2º trimestre lemos o primeiro libro da colección dos Megatoxos de Anxo Fariña “Os Megatoxos e o aprendiz de Druída! Na foto o día que rematamos de lelo. Aproveitando que estaba cerca Semana Santa tomamos uns oviños de Pascua.

Neste 3º trimestre estamos lendo o primeiro título da colección de Amanda Black “Una extraña herencia” de Juan Gomez Jurado. Paralelamente estamos a ultimar a preparación dunha pequena obra de teatro “A figueira de Pelostortos” baseada no libro de Ana García Castellano. A idea é representarlla aos máis peques do cole. Xa vos daremos máis noticias.

Mochilas viaxeiras

Un ano máis o equipo de biblioteca preparou as mochilas viaxeiras que levan visitando as casas do alumnado de infantil, primeiro e quinto de primaria dende o 2º trimestre. Levan materiais para compartir toda a familia e pasar tempo xuntos.

Na foto vemos a

Escribimos microrrelatos no Día do Libro

No Ricardo Tobío celebramos o Día do Libro escribindo microrrelatos e aquí está o resultado!

O alumnado de 1º e 2º davos un pequeno adianto, lendo algúns dos seus. Poñendo no buscador o enlace que hai debaixo da foto podedes escoitalos.

O libro xa está rexistrado e listo para que podades levalo en préstamo. Esperamos que vos guste!!

https://www.ivoox.com/microrrelatos-dia-do-libro-audios-mp3_rf_128088600_1.html

Obradoiro de Origami con 5º e 6º

O alumnado de 4º tamén lles ensinou aos de 5º e 6º a facer un cubo coa técnica do origami, explicándolles os conceptos matemáticos que se levan a cabo para facer dito cubo. Esta é unha actividade que se enmarca dentro do programa da Xunta de Biblioteca Creativa.

Rematan aquí, con gran éxito, estes primeiros obradoiros que tanto nos gustaron. Noraboa 4º!!

Nesta ocasión ensináronnos a facer un cubo e….. que será a próxima vez? Esperamos que pronto teñamos novidades que comentarvos!!

A continuación unhas fotiños do obradoiro.

En busca do número π no día das Matemáticas

O 14 de marzo foi o día internacional das Matemáticas. A xeito de celebración o alumnado de 4º botouse a buscar polo patio e distintas zonas do colexio o número Pi.

As preguntas para motivar a actividade foron as seguintes:

-Ides ir medir polo cole adiante.

-O que?

-Que pensades que podemos medir no día internacional das matemáticas? No π- day ?

-Círculos!

-Circunferencias!

E así foi como se botaron a medir todo canto círculo e circunferencia atopaban, descubrindo que ao dividir o perímetro da circunferencia entre o seu diámetro daba sempre o mesmo número, o tan famoso número π!!

A continuación unhas fotos da actividade.

Recordando a infancia

Como sabedes o proxecto de centro deste curso pretende celebrar o 50 aniversario do noso cole, pero no proxecto non só se recolle a historia escolar dende que se edificou o centro, senon que vai un chisco máis alá e recolle as vivencias escolares daqueles nenos e nenas, que hoxe xa son avós e incluso bisavós, que estudaron nas escolas que había antes da construción do Ricardo Tobío.

Durante o primeiro trimestre recolleuse a información das familias e expúxose nos corredores do colexio. Ao mesmo tempo foise gravando, no chroma da aula maker do cole, un vídeo documental, gracias á colaboración de Sonia Brea, nai dunha alumna de 1º, que foi a encargada de facer as gravacións e posterior montaxe do vídeo.

O pasado luns 4 de marzo puxemos fin a esta primeira parte do proxecto co visionado do vídeo documental para as familias, xa que ao alumnado xa se lle ensinara con anterioridade. O vídeo inclúe un resumo da xornada de xogos que se fixo, o 26 de xaneiro, cos avós e bisavós e que tanto disfrutamos.

Queremos agradecer a colaboración a todas as familias que aportáchedes información para a exposición (fotos, documentos, material escolar, xoguetes…) e aos que vos animáchedes a participar no vídeo. A continuación tendes o enlace para poder acceder ao vídeo e velo e comentalo en familia. Esperamos que vos guste!!

https://drive.google.com/file/d/1U1IsbGnOFIFuE8FUY5Ph0mS14IlpOzyK/view?usp=sharing

Os mestres de 4º seguen cos seus obradoiros matemáticos

Seguimos coa actividade de Biblioteca Creativa. Desta volta os afortunados de seguir as instruccións do alumnado de 4º para facer un cubo coa técnica do Origami, foron os nenos e nenas de 3º que aprenden conceptos matemáticos de división, fraccións… mentras dobran o papel para obter un cubo.

Aí van unhas fotiños.

Dobrando e pregando facemos un cubo!!

Dentro do programa de Biblioteca Creativa da Xunta, o alumnado de 4º continua cos seus obradoiros de Origami! Desta volta ensináronlle aos de 1º como facer cubos pregando papeis. Amosaron ter moita paciencia e lograron que pouco a pouco foran aparecendo, como por arte de maxia, sen texoiras nin pegamento, os cubos de cores.

Moitas gracias aos nenos e nenas de 4º por ensinarnos!!

Agora unhas fotiños e vídeos….

https://drive.google.com/file/d/1MeLslcrxtQbnXIUBvSx_CDTzDx4C5q4w/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1MzY_AK7ay1QaylejMyGvNDGixg6UyMnj/view?usp=sharing

Cantando e contando con Paco Nogueiras

O 28 de febreiro foi un día especial para o alumnado de infantil e de 1º ciclo. Tivemos a visita de Paco Nogueiras, cantante e contador de historias. Pasamos un rato moi entretido no que Paco nos presentou o seu novo traballo “Son animal”, que pronto verá a luz, e axudamos a Paco a contar e a cantar. Algúns dos contos que nos contou son: O elefante que perdera un ollo, Griselda, a araña ocupada… E cantounos algunha canción acompañado do seu acordeón. Tamén nos dou un pequeno adianto da súa próxima publicación e deixounos unha dedicatoria no noso libro de firmas.

Aí tendes unhas fotiños e algún pequeno vídeo….

https://drive.google.com/file/d/1oiRlDLqfG0Oa6xUhAKHMv789mAzbbwK9/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/10Dq_gsMexcmiyjUDIfnuDnUSryO0s0ns/view?usp=sharing

Anterior Entradas máis antigas